CORUXO MÓVESE

Orientación popular + Zona infantil “Ponte Ponte na súa pel”

Volta a Coruxo Móvese

Domingo, 23 de novembro de 2025, ás 10:00

 Coruxo (Vigo)

20 €

Inscrición anticipada: 16 € ata o 31 de outubro

Prazas limitadas

Centrámonos no xogo do mapa e a estratexia: atopa as balizas na mellor orde xunto ao teu equipo.

Mini-retos no camiño que poñerán a proba o voso enxeño: diversión garantida para peques e maiores.

Forma o teu equipo de amizades, familia ou compañeiros. O ritmo poñedelo vós. Obxectivo: pasalo ben

Xogos adaptados para os menores de 14 anos. 

Poderán participar todos os menores de 14 anos que non fagan orientación

Premios para todos

Campo de fútbol Coruxo FC, a un paso da Praia do Vao. Zona con amplo espazo e ambiente mariñeiro.

Todo comeza ás 10:00. Recomendamos chegar con tempo.

Ropa e calzado cómodo.

Se fas a orientaicón, auga e móbil cargado. Se tes compás, tráeo.

Evento familiar

100% inclusivo

Apto para todos os niveis

Organización local

A túa participación axuda a impulsar programas que melloran a calidade de vida das persoas con diversidade funcional a través do exercicio físico e da inclusión real no deporte durante todo o ano no noso centro de Coruxo.

Xuntos construímos espazos, materiais e actividades máis accesibles, e damos visibilidade ao talento de todas as persoas.

Tres maneras de participar

Precio reducido ata o 31 de outubro

Que é Coruxo Móvese?

Tras un parón, Coruxo Móvese regresa cun formato sinxelo e disfrutable. Un día para descubrir Coruxo correndo ou camiñando, en familia ou con amigos, e para probar deportes adaptados en primeira persoa.

Beneficios:

  • Ao teu ritmo: camiña, trota ou corre.
  • Para todos: idades, niveis e realidades.
  • Descubre Coruxo: natureza, barrio e cultura.
  • Aprende e empatiza: zona infantil con deportes adaptados.

Preguntas frecuentes

Únete ao mapa

Reserva a túa praza e compárteo co teu equipo.

As prazas son limitadas.

Ven e goza dunha xornada única coa familia e os amigos